lunes, 24 de mayo de 2010

VISITA A MARCELLE - 3º-4ºE.P.

O día 21 de maio os alumnos/as de 3º e 4º de primaria visitamos a ÁREA DE NATUREZA MARCELLE,  en Outeiro de Rei (Lugo).

Disfrutamos dun día de lecer en contacto coa natureza, os monitores explicáronnos moitas características dos animais que habitan no parque.

Comemos todos xuntos e pasamos un calor...Uf! que calor!!!

Á volta paramos  en Betanzos, para refrescarnos  saboreamos un xeado fresquiño, que rico estaba!

A continuación, merendamos e xogamos no parque do Pasatempo e perdémonos no labirinto.

Chegamos a hora prevista moi contentos e moi cansos, desexando que as profes nos leven a outra excursión...

viernes, 21 de mayo de 2010

VISITA AO CONCELLO DE PONTEDEUME

As alumnas de C.M. de Xestión Administrativa foron recibidas, na maña do venres 21 de maio, no Concello de Pontedeume, polo Señor Alcalde Don Gabriel Torrente e o Tte. Alcalde Don Javier Crespo. Poideron visitar os distintos departamentos onde lles explicaron as funcións que dende alí se levan a cabo. Resultou unha xornada moi activa e amena!

miércoles, 19 de mayo de 2010

SEMANA LETRAS GALEGAS

Falade na vosa lingua, falade na lingua nai.

POEMA CANEIROS:

¡Na barca dos Caneiros,
que ben están
as ondiñas do mare
que a morrer van!
Betanzos do meu xeito
veas pasar
pola Ponte de Pedra
feita un cantar
Teñen posto o luceiro
da mocedá,
e os arbres ben floridos
hanas buscar.
Barcas as betanceiras
vanse a correr,
aló polos caneiros
pra non volver.

Prateiros de Bergondo
hanas enxoitar,
coas plumiñas do vento     
que ben están.

                                    Uxío Novoneyra

 

 

Martes 18:

 11.30: Salon de actos: homenaxe a Uxío Novoneyra.

           Biografia e obra do autor

Interpretación de “Fiandeiriña delgada” por parte dos        alumnos da ESO

Escolma musical

Mércores 19:

11.30: Finola, a contacontos de Neda deleitará có seu arte    aos alumnos de Educación Infantil

Ao longo de toda a mañá os alumnos do centro visitarán Asociación Olmo como cada ano , onde participarán dos diferentes talleres adicados ás Letras Galegas      

Xoves 20:

9.35: Os alumnos de 3º e 4º da ESO comenzan a súa andaina coma contacontos polas distintas aulas, amenizando a mañán aos seus compañeiros

Venres 21:

11.30: a partires desta hora un singular caraoque estará preparado na aula de pizarra dixital desposto a que milloredes as vosas marcas como cantantes en lingua galega

12.35: Os alumnos de 3º e 4º da ESO continuarán coa súa tarefa de contacontos especiais.

miércoles, 12 de mayo de 2010

AS ALUMNAS DE CICLO VISITAN GADISA

O luns 10 de maio, as alumnas e profesoras de C.M. de Xestión Administrativa foron recibidas por Patricia Guitián, de Recursos Humanos, nas instalacións de Gadisa en Betanzos. Alí visitaron o almacén e explicáronlles como se xestiona a recepción, colocación e expedición das mercadorías a través de radiofrecuencia, así como a sua distribución a través das distintas liñas de negocio integrados en Gadisa.

martes, 11 de mayo de 2010

Visita á biblioteca de Pontedeume

O pasado venres 7 de maio, o alumnado de 1º EP, fixo unha visita á biblioteca do concello. Explicáronlles como estaban organizados os libros, como tiñan que facer para levalos para casa e cal era o horario. Finalmente, visualizaron un conto dun dromedario que tivo moita aceptación.

No recorrido aproveitouse para repasar os sinais de tráfico e algunhas normas viarias, os edificios que forman parte dunha vila e os negocios que se poden atopar nestes lugares.

Áo chegar ao colexio, visitaron a biblioteca do centro e fixeron varias actividades: coloquio sobre o que máis lles gustou da visita, un debuxo alusivo ao mesmo e lectura libre.

Recordamos en cada momento, que "Os libros son os seus mellores amigos".

viernes, 7 de mayo de 2010

FESTA DOS MAIOS

Quixemos que os nosos alumnos coñecesen a festa dos maios e participasen desta: confeccionando maios, creando cancións e poesías, facendo colaxes e aprendendo as cancións antigas.

Cubrimos os maios dende o luns 26, ata o día 30. Traballaron todos os cursos a excepción de Educación Infantil, 1º e 2º de EP que dedicaron esta semana á confección de cadros con motivos florais que estiveron expostos no patio do colexio.

Dende o luns día 19, ata o venres 30 e ,5 minutos antes de que rematase o recreo, ensaiamos as cancións tradicionais: "Manuel querido Manuel", "a danza do biouteiro", "Angelitos"…

Pedimos aos alumnos de 5º que fixesen cancións e poesías para acompañar aos maios, e aos alumnos de 6º que ensaiasen a danza do biouteiro.

O venres día 30 ás 11,30,  os paseamos  polo patio, e para acompañalos cantamos as cancións; os alumnos de 6º bailaron a danza do biouteiro e os de 5º cantáronnos e leron as súas propias creacións.

Felicidades a todos os alumnos e profesores polo traballo ben feito e porque foi unha festa moi bonita e todo saíu moi ben.

Grazas

Equipo de actividades complementarias

jueves, 6 de mayo de 2010

Concerto na Coruña

O pasado dia, 27 de abril, os alumnos de E. I., 4 e 5 anos asistiron a un concerto didáctico “A Ratiña laranxa”.



No escenario estaban os seis músicos do Cuarteto Caramuxo acompañados pola cantante e actriz Mónica de Nut no papel de ratiña. A Ratiña laranxa, contoulles os nenos como a música foi quen de lle marcar de xeito moi forte vivencias importantes o longo da súa vida: os arrolos, a caída do primeiro dente, asistiu ao primeiro concerto, o seu primeiro cumpreanos, …

No espectáculo escoitaron diferentes melodías, viron instrumentos e participaron nos xogos e palmas que propoñía a Ratiña.

Aprenderon como comportarse e escoitar nun concerto, a vez que desfrutaron moito.