jueves, 24 de junio de 2010

Saída do 3º Ciclo de EP a Cerceda

O 22 de xuño, o alumnado do terceiro Ciclo de EP realizou unha saída a Cerceda. Primeiro visitamos a central térmica de Meirama onde puidemos observar a súa maqueta, recibindo unha charla informativa sobre o seu funcionamento, para logo preguntaren as cuestións que máis lles interesaban. Por último realizamos un paseo polas instalacións.

A continuación dirixímonos cara ao Aquapark para disfrutar dunha xornada de convivencia, xogo e diversión que puxo remate a este curso escolar e a unha etapa. Bo verán para todas/os

viernes, 11 de junio de 2010

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ESO

O pasado día 29 de maio saímos cara a Salou para disfrutar da excursión de fin de curso na que participaron os alumnos da ESO, maioritariamente de 3º e 4ª.
A primeira parada foi en Burgos onde repuxemos forzas disfrutando da comida a carón da catedral, dende alí comenzamos a viaxe hacia o que era o noso destino final, Salou, despois de chegar ao hotel e descansar un pouco saímos a camiñar ata o paseo marítimo.
Ao día seguínte esperábanos Barcelona onde descubrimos unha preciosa cidade coa axuda da guía, o impresionante parque Güel, o admirado (para algúns ) Camp Nou, as casas de Gaudí, a marabillosa Sagrada Familia, e un merecido descanso no Pueblo Español onde ademais de disfrutar do entorno inmellorable puidemos comer tranquilamente. Pero esto de Barcelona aínda non tiña rematado xa que pola tarde esperábannos as famosas Ramblas e o Porto onde visitamos o acuario.
Para continuar a excursión tocaba Montserrat, un lugar incrible onde subimos no funicular, disfrutamos da natureza cun paseo guiado pola montaña e para rematar escoitamos a Escolanía de voces brancas. Chegou a tarde e visitamos Tarragona onde puidemos descubrir unha cidade con moita historia despois de perdernos polas súas rúas, unha cidade de contrastes entre o antigo e o moderno
E chegou unha xornada esperada por todos , Port Aventura, subimos en tódalas atraccións, desfrutamos das actuacións e mercamos recordos para as nosas familias.
E como todo o que comeza ten un final, saímos cara a Pontedeume e polo camiño, como aínda nos quedaban folgos paramos para visitar Zaragoza onde disfrutamos do Pilar, e os seus arredores.

miércoles, 2 de junio de 2010

DIVERSIÓN MATEMÁTICA

A penúltima semana de maio celebramos no colexio a Semana das Matemáticas. Cada ciclo adicou unha ou dúas sesións a diferentes divertimentos e xogos matemáticos, que fixeron resolver en grupo as  actividades propostas: numerogramas, encrucillados e autodefinidos matemáticos,  secuencias...

Resultou unha xornada diferente, motivadora e proveitosa para o alumnado a quen se lle fixo pouco o tempo adicado. É unha actividade que se pode repetir en vindeiros cursos.