jueves, 27 de noviembre de 2014

Gala do Día do Mestre

Un ano máis o noso centro celebra o Día do Mestre, e faino cunha gran gala para a ocasíón: A Gala do Mestre 2014-15.

A gala foi presentada por Mariana e Javi Lourido, que viñeron moi conxuntados para a ocasión. A gala celebrouse no patio cuberto, no que se habilitou unha zoa con pasillo e alfombra vermella por onde desfilaron os premiados.

Todos os mestres do centro tiveron unha mención especial e un premio pola súa dedicación, e leváronse como recordatorio unha ” fofucha” personalizada, feita polos propios alumnos.

Todos os alumnos e profesores do Centro compartiron un tempo de lecer, onde se mesturaron o humor e o recoñecemento á labor docente.

Agradecer a todos os alumnos a súa participación, e ilusión posta para os agasallos dos profesores e ao Grupo de Complementarias, todo o esforzo realizado para levar a cabo a Gala.

Ata o ano que ven!!

Todas as fotos na galería da web



No hay comentarios:

Publicar un comentario