jueves, 30 de noviembre de 2017

SAÍDA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 3º E 4º ESO

Hoxe día 30, día de San Andrés,aínda que o tempo non nos acompañaba, os alumnos de 3º e 4º ESO viaxamos ata Betanzos para  a realización de dúas visitas totalmente distintas pero moi instructivas.
Fomos divididos en dous grupos e, mentras un facía a visita ao "Museo das Mariñas", o outro realizaba un taller no CIES (Centro Internacional da Estampa Contemporánea), e ás once e media cambiábamos de actividade; así os dous grupos tiñan a mañán repleta de actividade.

Visitamos o Museo das Mariñas,instalado no edificio do antigo convento de Santo Domingo, pero como nos explicou a guía ,Elena, foi un edificio que acolleu un montón de actividades: escola, cuartel da Garda Civil, convento e agora museo.
A visita comeza adentrándonos na sociedade medieval betanceira, onde puidemos ver sepulcros de personaxes adiñeirados da época, restos do mosteiro de San Francisco, e moitisimos recordos do pasado dos Andrade por esta vila.
Tamén visitamos o andar dedicado ao traxe tradicional que grazas ás explicacións aprendimos a diferenciar como se vestían as solteiras, as viuvas, as noivas....de hai dous séculos.
Tamén descubrimos todo o que fixeron pola vila de Betanzos e pola educación dos nenos os irmáns García co seu proxecto de "Antiguas Escuelas", estes betanceiros trouxeros das américas materiais para as escolas que aquí sería impensable posuílos na época: mapas en relieve, exemplos de especies exóticas, ......
Outra sala que nos chamou moitísimo a atención foi  a do apostolado da Escola de Rubens, con trece cadros e varios gravados procedentes de Amberes.
Para finalizar , Elena contounos a historia do globo de Betanzos e vimos fotografías de como se fixeron e fan desde hai tantísimo tempo, que só quedou sen botar en dúas ocasións: durante a Guerra Civil e un ano , na década dos 70, por falta de comisión de festas.


A outra parte da mañán dedicámola ao taller proporcionado na Fundación CIEC. Esta fundación ten o obxectivo de promocionar e difundir as artes plásticas e a arte gráfica en particular.
Nesta visita didáctica amosóusenos a forma de traballar e gravar diferentes materiais, a madeira, a tea, e o que utilizamos nós, que eran planchas metálicas. Despois dunha breve explicación xa nos puxemos mans á obra e, cada un de nós, elaborou coa axuda dun punzón , a estampa que tiñamos pensada.
Logo tivemos que impregnalas en tinta, e mentras, o papel a utilizar era mollado e secado a rodillo. Un pouco máis tarde o papel poñíase sobre a nosa prancha, pasamos un torno e xa estaba a nosa obra.



Foi una mañán na que aprendimos cousas do pasado e un traballo que para algún pode ser futuro.

lunes, 27 de noviembre de 2017

Feliz Día del Maestro 2017

Gracias por vuestra infinita paciencia.

Gracias por enseñarnos que si nos esforzamos podemos  alcanzar la meta.

Gracias por animarnos día a día a seguir intentándolo. 

Gracias por creer en nosotros. 

Gracias por enseñarnos con el corazón. 

¡Gracias a todos nuestros profes!




viernes, 24 de noviembre de 2017

TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo do 25 N, e partindo dunha idea do Concello de Pontedeume no que se nos invitaba a poñernos de loito para solidarizarnos coas mulleres que sofren violencia machista, levouse   a cabo no colexio unha xornada de reflexión contra a violencia de xénero.

 Xunto a outras actividades realizadas en Titoría, hoxe tivo lugar un acto colectivo,  no patio cuberto, onde todos os alumnos de Secundaria , vestidos de negro ou con crespóns da mesma cor ,gardaron  un minuto de silencio por todas as víctimas e leuse un manifesto contra a violencia de xénero.

 Foi un acto sobrio pois o que se quería poñer de manifesto é que estamos ante un tema moi grave do que non se pode facer chanza.

MANIFESTO:


En 1991, a Organización de Nacións Unidas deu carácter oficial ao 25 de novembro e foi declarado “Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres”. Tristemente desde esa  data, cada ano volvemos a reunirnos para seguir condenando a violencia, que se segue a exercer en contra das mulleres.

Hoxe estamos aquí para denunciar e condenar calquera tipo de violencia que se exerza sobre a muller: o maltrato físico, que deixa marca e doe, que humilla e somete; o abuso verbal e maltrato psicolóxico, que destrúe, anula e aniquila a individualidade da muller; e o maltrato sexual, que cousifica e denigra.

Con este manifesto:

- Queremos proclamar que a sociedade non pode nin debe tolerar nin unha morte nin unha agresión máis.

- Queremos proclamar que a sociedade non pode xustificar nin protexer aos homes que agriden, insultan, humillan, acosan e asasinan.

- Queremos proclamar que ningunha muller merece ser maltratada, e que nada xustifica ao home que emprega a violencia para dobregala e sometela có único fin de perpetuar o machismo.

Con este manifesto queremos pedir:

- que as institucións responsables articulen todos os recursos ao seu alcance para loitar con esta lacra social.

- que as mulleres teñan unha resposta inmediata e efectiva cando piden axuda, garantindo a súa seguridade e a dos seus fillos.

- que as institucións manteñan a vixiancia e a atención ás mulleres unha vez abandonados os recursos de acollida para que ela e os seus fillos se sintan protexidas e acompañadas nese proceso de vida independente e autónoma.

- tamén e moi especialmente queremos pedir neste acto que se doten de todos os recursos para atender aos menores que son vítima de violencia de xénero, poñendo en marcha programas educativos e de atención psicolóxica especializada . Nin un neno máis morto !

Para concluír dicir que isto é un problema social que nos afecta a todos e, por iso, pedimos á sociedade que non peche os ollos. Cremos que a educación desde a infancia é fundamental. Os nenos deben aprender a resolver os seus conflitos de forma pacífica e os pais e profesores serán os encargados de que nas aulas e nas casas, nenos e nenas teñan os mesmos dereitos .A violencia, sexa do tipo que sexa, limita sempre o desenvolvemento dunha sociedade sa.

A igualdade entre homes e mulleres é un dereito que todos temos, e si este se viola, hai que denuncialo. Queremos unha sociedade sa e respectuosa. Iso axudaranos a ser mellores persoas. Por iso dicimos:
NON Á VIOLENCIA!
NON AOS VIOLENTOS!
NON Á VIOLENCIA MACHISTA!

 
 


miércoles, 22 de noviembre de 2017

DO PARLAMENTO Á AULA

Os alumnos de 3º e 4º de ESO recibiron onte a visita de tres ex-deputados do Parlamento de Galicia que achegaron a principal institución da autonomía galega aos rapaces nunha charla-coloquio na que se debateu de política e actualidade. 

Beatriz Sestayo do PSdeG-PSOE;  María Dolores Faraldo do PPdeG e Fernando Branco, do BNG; amosaron que a pesares de non compartir ideoloxía e pensar de forma diferente en moitos temas, sempre é posible o diálogo baseado no respecto.

Ademais de falar do funcionamento do Parlamento e do seu poder de lexislar e controlar ao goberno, das tarefas compartidas ou do seu día a día; abrimos quenda de preguntas para Cataluña, a conciliación familiar e a política de igualdade, as vocacións políticas ou a tauromaquia. Os tres parlamentarios coincidiron na necesidade de ser responsable e honesto en política e quixeron dignificar a imaxe que se da nos medios de discusións e trifulcas no Parlamento para poñer a atención no traballo que hai detrás. Así mesmo, os representantes dos tres partidos galegos animáronos a utilizar a política para mellorar a vida dos cidadáns e loitar polos seus dereitos.