Despois da presentación dos instrumentos polos músicos, estes interpretaron distintas pezas por familias musicais que resultou moi instrutiva. Remataron con varias interpretacións a cargo de toda a Orquestra Sinfónica, para disfrute dos presentes.
Felicitamos ao noso alumnado polo seu saber estar!
Tras o remate do concerto visitouse a Casa das Ciencias onde observaron e manipularon cos diferentes aparellos.
Pasamos unha boa xornada que esperamos se repita ao longo do curso nas saídas previstas.
3º Ciclo EP