martes, 30 de enero de 2018

La oca de la Paz

Con la lectura del Manifiesto por la Paz, hemos comenzado el acto de celebración del "Día escolar de la no violencia y la paz".

A continuación hemos jugado todos aun juego muy conocido...."de oca a oca y tiro porque me toca..." ¿os suena? ¡seguro que sí! ¡La oca de la PAZ!
En cada clase se han escogido dos frases célebres sobre la paz y además hemos elaborado otras dos propias. Dos representantes de cada curso han tirado por turnos un gran dado y han ido moviendo la ficha al mismo tiempo que leían una de las frases. Así hasta llegar a la última casilla.
Como broche final, hemos realizado la tradicional suelta de palomas y hemos cantado y bailado por la paz. 
 
Como decía la Madre Teresa de Calcula, "La paz comienza con una sonrisa", por ello, desde aquí os invitamos a sonreir más cada día para que entre todos podamos difundir la paz a nuestro alrededor. 



jueves, 25 de enero de 2018

SAÍDA A SANTIAGO DE 3º E 4º ESO

Onte, mércores 24 de xaneiro, os alumnos e titoras de 3º e 4º ESO realizamos a saída escolar do segundo trimestre. O noso destino era Santiago de Compostela onde tiñamos varias citas para aprender unha manchea de cousas.

Como os rapaces de 3º van a estudar en breve temas de estatística, a primeira parada para eles foi no Instituto Galego de Estatística (IGE).

Por que existen organismos como EUROSTAT, INE ou IGE? Por que se fan enquisas entre a poboación? Que se fai despois cos datos recolleitos?… 

Esas e outras moitas preguntas tiveron resposta durante a visita. Alí explicáronnos que é un organismo oficial que se encarga de recoller datos relacionados coas persoas e as empresas de Galicia e que ademais, en caso de ser seleccionados para participar no proceso como enquisados, están obrigados por lei a responder e as contestacións estarán protexidas formando parte dun estudo que posteriormente se publicará na web do IGE. A existencia destes informes permite coñecer mellor á sociedade, ver como evoluciona e mesmo mellorala. 
Despois de entrar na estancia onde se se almacenan os datos en servidores rematamos o percorrido facendo unha simulación de enquisa coma se fósemos profesionais. Démonos conta que a formulación das preguntas é moi importante para que sexan entendidas por todos os enquisados da mesma forma e sen dar lugar a diversas interpretacións. Ademais poidemos comprobar que as novas tecnoloxías permiten acelerar o proceso e facilitan enormemente a recollida de datos para o posterior tratamento e aínda que seguen existindo os cuestionarios en papel, o seu uso xa é moi minoritario.
Mentres os compañeiros de 3º ESO estaban aprendendo como importa a Estatística na vida cotiá, os rapaces de 4ºESO acercáronse ata o Museo do Pobo Galego onde os esperaba Carme, guia do museo, e os aprendeu o que significaba Pobo, e a finalidade desde museo. Con ela percorremos as diferentes estancias do museo e explicounos  un amplo e variado conxunto de pezas que ofrecen unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galicia. Para finalizar esta gran visita achegámonos ata o Panteón dos Galegos Ilustres, onde fixemos a nosa sentida homenaxe aos escritores que fixeron grande as nosas letras: Rosalía de Castro, Castelao, Ramón Cabanillas, Alfredo Brañas....
Unha vez finalizada a visita, os alumnos de 4º ESO fixeron unha xincana fotográfica polo Santiago Monumental, debían atopar unha serie de monumentos emblemáticos nun tempo determinado.

E a esa mesma hora era a quenda dos rapaces de 3º ESO para que coñecesen de preto todas as xoias do Museo do pobo galego.

Pola tarde realizamos unha visita moi, moi importante: o Parlamento de Galicia.

O Parlamento é a institución onde reside o poder lexislativo, isto quere dicir, onde se crean e votan  as leis polas que nos reximos o pobo.

Alí esperábanos Hixinio, o guía que nos acompañou na visita e do que aprendimos tantas cousas, en primeiro lugar comentounos que este edificio fora construído para ser unha facultade de Veterinaria, pero logo foi cedido ao exército. No ano 1986 a Xunta de Galicia mercouno para ser a sede do actual Parlamento.

Percorrimos case todas as estancias do Parlamento, coñecendo os despachos dos grupos parlamentarios, as salas de reunións e salóns para actos protocolarios como o salóns dos Reis, onde están os retratos do rei e da raíña. En todas as paredes colgan obras de arte de grandes artistas coma Quessada, Laxeiro.....

Tamén nos chamou moio a atención a colosal alfombra que contén o escudo de Galicia e os das sete provincias do Antigo Reino de Galicia (A Coruña, Mondoñedo, Tui, Santiago, Betanzos e Ourense).

Tamén pasamos polas bibliotecas onde repousan milleiros de libros que son consultados polos Deputados sempre que o precisen.

Pero sen dubidalo, o que máis nos impresionou foi o hemiciclo , pois puidémolo ver en toda a súa efervescencia, xa que se estaba a traballar alí. Sentamos nos lugares adicados ao invitados e puidemos escoitar como se debatía, alí propoñíanse temas argumentando e respondían a eles contraargumentando. Toda unha lección de primeira man.

E mesmo tivemos a grande sorte de que nos recibira e dera algúns consellos para o futuro a Deputada do PSDG Begoña Rodríguez.

Este foi o punto final a unha xornada moi intensa pero moi agradable.

jueves, 18 de enero de 2018

Sesiones de formación con Protección Civil de Pontedeume

¿Qué tendríamos que hacer si vamos por la calle y vemos que persona que se cae y inconsciente? ¿Llamamos  al 112? ¿Actuamos por nuestra cuenta?...

Estas y otras preguntas han tenido respuesta en las sesiones formativas que el Jefe de Protección Civil  de Pontedeume y un voluntario han impartido estos días a todos los alumnos del colegio.

Tras una parte informativa hemos practicado técnicas de RCP con los muñecos, la posición lateral de seguridad y cómo realizar una evacuación en caso de emergencia. 

Próximamente volverán al colegio con una sesión de formación para el profesorado.