jueves, 18 de junio de 2009

SAÍDA DE 3º CICLO DE EP

O venres 12 o alumnado de terceiro ciclo de EP realizou unha saída cultural pola zona de Vimianzo, Cabana de Bergantiños e Camariñas.

Comenzamos a visita no pazo museo das Torres do Allo. Continuamos polos muíños e batáns do Mosquetín, recibindo información sobre o seu funcionamento.

O dolme de Dombate espertou grande interese, podendo ver o traballo dos arqueólogos que estaban a realizar o seu labor. Tanto no dolme coma no castro de Borneiro, recibiron unha interesante explicación por parte de Lito, un estupendo guía.

Despois de dar conta do xantar imos ao castelo de Vimianzo para rematar no cabo Vilano, que impresionou bastante. Alí coñecemos o museo de interpretación dos faros.

Tras unha breve parada en Camariñas, para tomar un refrixerio, regrasamos a Pontedeume.

No hay comentarios:

Publicar un comentario