Hoxe
celebramos no noso centro o día da Paz.
Foi
un acto que comezou coa lectura dun Manifesto pola Paz, que leu
Lidia, unha alumna de Ciclo Formativo: "Queremos sumarnos a todos os
actos de denuncia en contra de calquera acto de violencia".
Dicimos: NON
á violencia sen excusas. E
dicimos SI á PAZ.
Houbo un minuto de silencio para reflexionar sobre o que escoitamos e así tomar conciencia de que está a pasar ao noso arredor, e que podemos contribuír a vivir nun mundo mellor.
Despois
da lectura, un alumno de cada curso, leu unha mensaxe en representación da súa clase, escrito en pingas de auga, que se foron pegando nun mural compoñendo unha gran onda.
Para
rematar o acto todos cantamos a canción “Mensajes del agua”
de Macaco, na que alumnos e profesores participaron .
Este
ano non houbo solta de pombas debido ao mal tempo.