Este ano, os rapaces e rapazas de 5º e 6º EP volveron participar no XXVIII Día da Ciencia na Rúa, representando á nosa escola. Esta é unha iniciativa organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, os Museos Científicos Coruñeses e o Concello da Coruña. Tivo lugar no Parque de Santa Margarida o pasado sábado 4 de maio e acolleu un ano máis centos de actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física ao alcance de todos os públicos, da man de alumnado e profesorado de centros educativos da contorna da Coruña, persoal da investigación e divulgación da universidade e outras entidades científicas.
Desta vez, o tema que levaron os nosos alumnos foi a linguaxe computacional, cun proxecto interciclo ao que chamaron "Teclas". Os obxectivos do mesmo foron os seguintes:
Coñecer os aspectos básicos da linguaxe computacional.
Coñecer brevemente a historia dos videoxogos.
Aprender a utilizar os comandos básicos do programa Scratch e as placas electrónicas Makey-Makey.
Desenvolver con creatividade e autonomía videoxogos educativos sinxelos.
Recoñecer certos videoxogos como recursos pedagóxicos para o desenvolvemento de habilidades cognitivas.
Fomentar o traballo en equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario