A última semana de marzo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria disfrutaron dunhas xornadas escolares adicadas completamente a actividade física: As Eumeolimpiadas 2010.
Aínda que cada curso foi un día diferente houbo actividades comúns como o pentasalto, carreiras de relevos, circuitos de habilidade, etc. Pero en canto ao deporte por equipos cada grupo tivo a súa especialidade, os de 3º practicaron o balonmán-torre, os de 4º xogaron ao fútol, os de 5º atrevéronse co balonmán e, os maiores de 6º, demostraron como xogan ao baloncesto.
Non hai dúbida que foi unha mañana diferente que compartiron e disfrutaron moitísimo con outros colexios da zona, de feito, xa están a pensar nas Eumeolimpiadas 2011!
miércoles, 14 de abril de 2010
¡Que ben o pasamos!
Diversas personaxes de diferentes procedencias explícannos contos do seu pais: culturas que hoxe conviven con nos.Coñecimos contos tradicionais de aquí, de Europa central, da cultura árabe ou de latinoamérica. Historias que nos amosaron que a diferencia pode enriquecernos.
Rimos moito, todos e portámons moi ben.
viernes, 9 de abril de 2010
Xa chegou a primavera
Tamén nos decatamos de que podiamos sentar nos bancos, porque o sol os quentara e non estaban mollados, de que o paseo estaba moi limpo xa que non había follas no chan como no outono; tamén vimos parrulos, gueivotas e outros paxaros dos que non sabiamos o nome.
Ao final xogamos nos bambáns e non manchamos de barro a nosa roupa (algo que enfada moito aos maiores) por que aterra non estaba mollada.Chegamos ao colexio xusto para ir ao recreo, que é o que mais gústanos.
miércoles, 7 de abril de 2010
EUMEOLIMPIADAS 2010
Hoxe mércores os alumnos e alumnas de primeiro e segundo da E.S.O. fomos ás Eumeolimpiadas. Como cada ano se celebraron no pavillón "A Casqueira". Participamos nun trimaratón composto de tres deportes: fútbol, baloncesto e balonmán. Tamén tivemos probas de lanzamento de balón, pentasalto, carreiras de relevos e aeróbic.
A experiencia e a convivencia entre os colexios foi moi positiva. Nos encontramos con coñecidos, ex-compañeiros, fixemos novos amigos e amigas... e todo facendo ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE !!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)