Tamén nos decatamos de que podiamos sentar nos bancos, porque o sol os quentara e non estaban mollados, de que o paseo estaba moi limpo xa que non había follas no chan como no outono; tamén vimos parrulos, gueivotas e outros paxaros dos que non sabiamos o nome.
Ao final xogamos nos bambáns e non manchamos de barro a nosa roupa (algo que enfada moito aos maiores) por que aterra non estaba mollada.Chegamos ao colexio xusto para ir ao recreo, que é o que mais gústanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario