O pasado 21 de febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO visitaron Navantia Ferrol, un asteleiro con máis de un
millón metros cadrados.
Fomos moi ben recibidos polo xefe de Seguridade
Industrial, Evaristo Sanjurjo, e polo seu compañeiro Jorge, que nos atendeu
como guía durante todo o noso percorrido.
Despois de poñernos o casco de seguridade
obrigatorio no asteleiro, continuamos cun percorrido en autobús por toda a
factoría, parándonos na fábrica de turbinas e en todas as gradas, desde a
Victoria Eugenia feita no s. XVII ata os
máis modernos que poden albergar grandes navios.
Durante o percorrido polas instalacións, os nosos
guías informábannos de asuntos tan importantes como a historia do asteleiro ou
o tratamento de refugallos tan minucioso que deben facer. Asemade, tamén nos
mostraron as instalacións sanitarias e de bombeiros presentes dentro do
asteleiro o cal funciona como unha verdadeira cidade.

A última parada foi en EXPONAV, a Exposición
Nacional da Construción Naval, albergada no precioso edificio de Herrerías.
Fixemos un percorrido no que nos explicaron desde o que era un barco, ata como
se montaban os asteleiros, tamén puidemos ver os restos dunha fragata (A
Magdalena) do século XVIII, desde este espazo pasamos ao de soldadura e o
metal, onde puidemos ver os diferentes tipos de cascos de barco dependendo da
época de construción. Pero o que máis lles gustou aos rapaces foi un obradoiro
sobre nos mariñeiros que fixeron as delicias dos adolescentes.
E foi deste xeito que esta mañá se nos pasou
voando.