jueves, 10 de marzo de 2022

Campaña solidaria de axuda a Ucraína

Os nenos e nenas de 6ºEP veñen de lanzar unha campaña solidaria de axuda aos damnificados pola situación actual en Ucraína. Están moi preocupados e concienciados sobre o que está acontecer, polo que decidiron animar a toda a escola a participar nunha recollida de materiais de primeira necesidade para enviar a todas as familias e persoas afectadas.

Informáronse sobre a iniciativa que impulsou o Concello de Pontedeume en colaboración con Protección Civil, que ten o seu punto de recollida nos Almacéns de Rajoy, e quixeron que o CPR San José fose partícipe tamén.

Para iso, elaboraron un cartel informativo e dous compañeiros, Daniela e Pablo, foron os encargados de informar ao resto dos cursos.

Dende aquí queren facer un chamamento a todos os alumnos, familias e profesores para que aporten o seu graíño de area e sexan solidarios co pobo ucraíno.

💙💛XUNTOS PODEMOS AXUDALOS! 💙💛



No hay comentarios:

Publicar un comentario