lunes, 7 de febrero de 2022

CAMPAÑA DOAZÓN DE SANGUE

 

CAMPAÑA DE DOAZÓN  

Cada ano, os alumnos de 3º ESO colaboran con ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue) cunha campaña de doazón.



Esta mañá tiveron unha charla a cargo de Alicia e Jose Manuel, onde informaron aos alumnos sobre a doazón: requisitos necesarios, o tratamento do sangue unha vez extraído, o posterior uso da mesma, etc.



Sobre todo, a súa labor e concienciar aos alumnos da importancia das doazóns e do que supón para todos ter reservas suficientes de sangue non hospitais.

Por iso, dende aquí animamos a todos os que queirades doar, acercarvos este xoves 10 á Alameda onde estará o autobús preparado. Recordade que ven cada mes.

Animádevos!!

Doar e dar vida!



Cartel feito pola unha alumna de 3º ESO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario