- Mural pintado polos alumnos da ESO na clase de Plástica-
Onte reunimonos no patio para celebrar o Día da Paz porque:
- Cremos que o amor é mellor que o odio e a paz mellor que a guerra.
- Querémonos comprometer a non pensar mal das persoas e a fixarnos en todo o bo que nos une antes que no que nos separa.
- Querémonos comprometer a axudar a todos os que nos necesiten, a perdoar aos que nos ofendan, e a pedir perdón cando nós ofendamos a alguén.
- Faremos todo o posible para que todos vivamos como unha gran familia, cun só corazón, para que remate a violencia, a guerra, e consigamos a paz. Non calaremos se observamos que un compañeiro está a ser insultado ou agredido por outros compañeiros.
- O noso colexio manifesta a súa aposta incondicional pola paz e en contra de calquera acción que implique violencia entre os seres humanos.
- Os valores que promovemos son os que anuncia o Evanxeo: a vida, o amor, a liberdade, a xustiza e a paz.
- Por principio rexeitamos calquera actitude ou conduta que implique a perda deses valores fundamentais que nos fan humanos. As guerras nunca poden estar xustificadas; pero tampouco os insultos entre nós, as ameazas, os enfrontamentos entre grupos, as vinganzas, a discriminación...etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario