Autores: Alumn@s de 1º de ESO, coa colaboración de Loli (profesora de Ciencias)
Hoxe 29 de setembro, os alumnos de 1º e 2º de ESO, tivemos o privilexio de recibir a visita de Jorge Díaz del Río García, antigo alumno deste colexio, e que actualmente traballa na Axencia Espacial Europea (E.S.A.)
Esta visita para nós chegou no momento oportuno, xa que estamos a estudiar o Universo. A súa conferencia, serviunos para aumentar e profundidar os novos coñecementos, respondendo a preguntas tales como:
- O Universo ten fin?
- Cal é a galaxia máis grande?
- A Lúa pode ter satélites?
- Como é que hai fotos da Vía Láctea se estamos dentro dela?
- Hai algún astronauta agora mesmo no espazo?
- Crés que hai vida noutras galaxias?
- Que lle dirías a un neno que quere seguir os teus pasos?
- Hai vida noutro planeta?
- Cal é a misión mais importante no teu traballo?
- Cal é o teu soño por cumplir?
- En Marte, pódense plantar árbores?
- .....
Queremos manifestarlle o noso agradecemento polo material que nos regalou e o tempo do seu ocio que nos adicou.
Jorge, desexámosche moita sorte no teu futuro, e contar mais veces coa túa colaboración.
Moitas gracias. Foi unha experiencia moi agradable, e xa sabedes que cando queirades podemos organizar outra.
ResponderEliminarHaberá mais antigos alumnos que poidan visitar o colexio para contar o que fan? O intentaredes?
ResponderEliminarBicos
Meu