Autores: Noticia redactada a partir das ideas e opinións dos alumn@s de 3º da ESO
O día 27 de novembro, os alumn@s de 3º e 4º da ESO tivemos unha charla sobre o aproveitamento das enerxías, especialmente solar e eólica (na que España é punteira), co fin de promover o aforro.
Xavier, amosounos unha cociña solar, moi utilizadas en África, e diversos aparellos para disminuir o uso da auga.
Ensinounos a aproveitar ao máximo as enerxiás, e a buscar alternativas, co fin de aforrar e tratar de contribuir coa nosa pequena, pero moi importante aportación, a paliar a crise económica e medioambiental.
[caption id="attachment_299" align="alignnone" width="403" caption="Aprendimos a aproveitar a enerxía do sol nas nosas vivendas: placas solares, muro trombe..."]
Pareceunos unha charla moi interesante, e sobre todo útil, xa que nós temos a obriga de comenzar a coidar o medioambiente se queremos que o mundo sobreviva a os avances do home.