Estracto dos artigos sobre o Magosto dos alumnos de 6º EP
É tempo de castañas e toca asar e comer!
O día 31 de outubro (venres) celebrouse a festa do Magosto no colexio. Dende a primeira hora da mañá, e ao longo de toda a xornada, tódolos nenos foron pasando polo patio para desfrutar das castañas asadas. Dende os pequenos de infantil ata os alumnos de ciclos e pasando por primaria e a ESO, todos participaron traendo unhas poucas castañas para poder asalas e pasar un rato agradable comendoas.
Os nenos tamén participaron facendo e colocando debuxos, cantigas, rimas e refráns sobre o magosto no patio do colexio.
Todos se colocaban ao redor do asador onde Chata e María preparaban as castañas. Sentados, e cun papel de periódico no chan para botar as cascas, cada neno e cada nena construía o seu propio cornete para poder botalas castañas; Javier, o profe de educación física axudáballe aos que non sabían facelo.
Unha vez que todos estaban preparados e as castañas listas para comer comeza o reparto das castañas.
Cando se acaban as castañas, os nenos e nenas recollen as súas cascas e axudan aos profesores a limpar o patio para que ao seguinte grupo que lle toque encontre todo limpo e ordenado.
E así foi acontecendo o día do Magosto no colexio de Atocha en Pontedeume, día que algún que outro neno/a non dubida en catalogar como “o día máis feliz da miña vida” XD
No hay comentarios:
Publicar un comentario