jueves, 21 de mayo de 2009

VISITA DE 1º E 2º DA ESO NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Como temos por costume dende hai anos aceptamos a invitación da AVV do Olmo para disfrutar dunha xornada de celebración e coñecer un pouco máis a nosa cultura e costumes.

Chegamos 1º e 2º de ESO cando se estaban instalando os artesáns, traballadores que viven o seu oficio para darllo a coñecer aos máis novos: ferreiros, palilleiras, fiandeiras, tallistas.. e outros dos que os rapaces aprenderon cousas interesantes e puxeron en práctica segundo as súas habilidades.

A novidade deste ano foi un obradoiro de pan, no que disfrutaron todos amasando e facendo cada un o seu bolo.

Visitamos a exposición con distintas mostras de manualidades e logo recibimos un aperitivo (zume, pan e chocolate). Participaron tamén nos xogos populares que a través do Concello estiveron xa antes nos colexios da vila.

Coa satisfacción do deber cumprido e a esperanza de que algo queda, voltamos para as clases despois do recreo.

Dende aquí, o noso agradecemento a asociación veciñal Olmo.

(1º e 2º da ESO)




[gallery link="file" columns="2"]

No hay comentarios:

Publicar un comentario