Máis tarde achegáronse ó Colexio " La Salle" onde tiña lugar a representación de " A Celestina" , na que un grupo de teatro catalán facía unha versión onde se mesturaban personaxes antigos e outros cun toque de actualidade.
A continuación fixeron unha visita ó " Museo de arte Contemporáneo" onde puideron disfrutar de expresións artísticas actuais así como da arquitectura do edificio, xa que é de grande interés .
Para rematar despois de comer fixeron un tramo do " Camiño de Santiago" dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro onde puideron disfrutar da fermosura da catedral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario