viernes, 7 de mayo de 2010

FESTA DOS MAIOS

Quixemos que os nosos alumnos coñecesen a festa dos maios e participasen desta: confeccionando maios, creando cancións e poesías, facendo colaxes e aprendendo as cancións antigas.

Cubrimos os maios dende o luns 26, ata o día 30. Traballaron todos os cursos a excepción de Educación Infantil, 1º e 2º de EP que dedicaron esta semana á confección de cadros con motivos florais que estiveron expostos no patio do colexio.

Dende o luns día 19, ata o venres 30 e ,5 minutos antes de que rematase o recreo, ensaiamos as cancións tradicionais: "Manuel querido Manuel", "a danza do biouteiro", "Angelitos"…

Pedimos aos alumnos de 5º que fixesen cancións e poesías para acompañar aos maios, e aos alumnos de 6º que ensaiasen a danza do biouteiro.

O venres día 30 ás 11,30,  os paseamos  polo patio, e para acompañalos cantamos as cancións; os alumnos de 6º bailaron a danza do biouteiro e os de 5º cantáronnos e leron as súas propias creacións.

Felicidades a todos os alumnos e profesores polo traballo ben feito e porque foi unha festa moi bonita e todo saíu moi ben.

Grazas

Equipo de actividades complementarias

No hay comentarios:

Publicar un comentario