Hoxe, os nosos alumnos quixeron darnos unha sorpresa na celebración do Día
do mestre, e de verdade que o conseguiron. Fixérono moi, moi ben!
Á hora do recreo e ao toque de campaiña, os alumnos/as de Ciclos Formativos
fixeron a presentación do acto. Este ano os muchachos son moi participativos.
Estupendo por eles!
Fixeron un resumo da vida de San José de Calasanz patrono dos mestres e
explicáronnos desde que datas se celebra esta festa e o seu significado
Os alumnos de EP compuxeron un acróstico coa palabra MESTRE. O resultado
vese na exposición no patio. Logo cantamos a canción “Es por ti”, letra que fixo
vibrar os sentimentos de todos os que nos adicamos a esta profesión
ESO con os traballos: Que é para ti un mestre?. Hai que lelos!
Ó final repetimos a canción todos xuntos e os mestres quixemos agradecer
tantos piropos dos nosos alumnos con algo doce
O profesorado do colexio, agradeceu de verdade tanto cariño e os alumnos
pasaron uns momentos alegres vendo as nosas caras de felicidade.
Ata o ano que ven…