domingo, 13 de marzo de 2011

Visita a Pontevedra e a Combarro

Os alumnos de 1º e 2º da ESO viaxamos a semana pasada a Pontevedra e a Combarro nunha saída cultural que nos serviu para achegarnos a un dos cascos antigos máis bonitos e mellor conservados de Galicia. Raquel foi a nosa guía pola cidade do Lérez, ensinounos a basílica de Santa María, a capela da Peregrina, o significado dos escudos que adornan as casas dos grandes da cidade e contounos anécdotas varias que ilustraron a nosa andaina por unha urbe chea de encanto nun paseo que chegamos a compartir con Castelao e Valle-Inclán. Comimos en Combarro, pobo tradicional mariñeiro famoso polos seus hórreos á beira do mar e exemplo de vila típica galega perdéndonos entre as casas de pedra e as ruelas estreitas que serpentean cara ao mar. Preto de alí visitamos o mosteiro de Poio, un edificio que mezcla na súa arquitectura os estilos renacentista e barroco. Alí contemplamos o gran mosaico do Camiño de Santiago e vimos na súa horta un dos hórreos máis grandes de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario