viernes, 29 de abril de 2011

Visita a Casa do Mel

Os alumnos de infantil (4 e 5 anos) visitaron a Casa do Mel en Goente, onde os recibiron unhas persoas moi agradables.


Nesta Casa os nenos poideron coñecer o mundo das abellas visitando diferentes salas:





- Unha sala de exposicións: Nesta sala observaron diferentes colmeas,  ata unha acristalada onde poideron ve-lo traballo das abellas directamente; atenderon a explicacion de como fabrican o mel; aprenderon vocabulario novo ; e participaron nun obradoiro de cera onde cada neno construiu a súa propia vela que levou como agasallo.







- Unha sala de paneis informativos: onde explicaronlles moitas cousas sobre as casas das abellas, as persoas qeu as coidan, etc. Por grupos os nenos colorearon unha celda da colmea con diferentes abellas: a raíña, obreiras e zanganos, xuntaron todas as celdas construindo así "a nosa colmea".Nesta mesma sala poideron degustar diferentes tipos de mel.



- Unha  sala de extracción e envasado do mel: observaron moitos aparellos, tanques, etc necesarios extraer, filtrar, repousar e envasar o mel.




E a saída, despois de todo o ben que o pasaron, obsequiaronnos cunha tarrina pequena de mel. Pódese pedir máis? pois... voltar outra vez. Invitaronnos a voltar os fins de semana coa familia ou amigos.

http://www.apiculturagalega.org/modules.php?

1 comentario:

  1. Outra saída superinteresante. Este é un tema moi bonito para traballar cos nen@s pois lles ensina a maravillosa organización destes pequenos insectos. Seguro que coas vosas profes aprenderedes mogollón destes bichiños. Nos desde a casa axudarémosvos. Prometido.

    ResponderEliminar