O pasado venres o 1º ciclo de EP visitou a cidade de Lugo.
Primeiro visitamos os museos de Interpretación da muralla e a Casa Mosaico, para ver como eran as murallas e as casas antigamente na época dos romanos.
Despois foron visitar O Parque de Bombeiros e alí practicaron coas mangueiras, coa colocación dos cascos, visitaron as instalacións e escoitaron as sereas dos camións de bombeiros. Foi moi divertido!
Despois foron xantar a carón do río Miño e xogar no campo.
Despois fomos pasear pola muralla e visitar a catedral de Lugo. Foi un día moi activo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario