Este luns os alumnos de 3º e 4º da ESO así como os de Ciclo Formativo asistiron a unha charla sobre doazón e transplantes, dentro do "Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes" que organiza a Oficina de Coordinación de Transplantes do Hospital Universitario de A Coruña (CHUAC).
A labor deste programa é a divulgación do proceso de doazón e transplantes, proporcionando información e resolvendo dúbidas respecto a estes temas.
A charla foi impartida por un médico da ONT do CHUAC e un dobre transplantado hai xa 11 anos e que colabora neste programa. Cada un deles expuso o tema dende a súa perspectiva. Ao remate da charla houbo tempo para que os alumnos participaran facendo preguntas. Para todos foi unha charla amena, interesante e constructiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario