Visitamos o seu centro de
interpretación e acompañados polos monitores analizamos os tipos de vexetación
do humedal, buscamos pegadas de animais que forman parte do seu hábitat,
contemplamos as aves acuáticas que por esta época multiplican a súa poboación e
numerosos niños de cegoñas. A
continuación, aprendimos a facer un comedeiro para paxaros con material de
refugallo.
A granxa escola Garabullos foi o noso seguinte destino. Alí comimos e disfrutamos do campo nun dos poucos días con sol do mes. Nun
taller de asistencia con animais aprendimos con diferentes xogos estratexias
para mellorar a nosa comunicación: intentamos pasarnos ovos a cegas guiados
polas palabras dos compañeiros, organizámonos o mellor posible para devolver as
cabras ao cortello (conseguímolo a medias) e “susurramos” aos cabalos para que
se deixasen pasear sen resistencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario