O pasado venres, 30 de setembro, os rapaces de 3º e 4º de ESO do CPR San José visitaron a Praia da Madalena de Cabanas para efectuar una actividade ( a recollida de refugallos) incluída nun proxecto interdisciplinar.
Durante catro horas e repartidos en diferentes equipos, estes alumnos recolleron o lixo e clasificaron segundo a súa composición e renovabilidade.
Os productos aproveitables usaranse para a realización de traballos na aula de tecnoloxía e plástica coa finalidade de que volvan a ter uso.
Tras un descanso, os equipos volveron á faena e tiveron un tempo para preparar una entrevista sobre o estado do areal (pois é outros dos puntos importantes do proxecto: os xéneros xornalísticos).
Unha vez realizada a diferentes usuarios do areal, os alumnos retornaron ao centro escolar pois a meteoroloxía non permitia continuar a disfrutar dese fermoso entorno.
Os alumnos tamén queren agradecer toda a axuda prestada polo Concello de Cabanas para efectuar esta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario