miércoles, 29 de enero de 2020

REVISANDO LECTURAS CON ANDREA MACEIRAS


Hoxe pola mañá, os alumnos de 3º e 4º ESO tiveron unha visita moi especial, a escritora e docente Andrea Maceiras. E por que se acercou ata as nosas aulas? Porque os rapaces estiveron a ler dúas das súas obras máis recoñecidas: "O que sei do silencio" e "Europa expres".

A autora rompeo o xeo contando unha fermosa historia, a de Todo e Nada. Historia que deixou a mocidade epatada e con ganas de saber máis sobre a obra desta escritora tan nova.

"O que sei do silencio" vai dunha rapaza que escribe un blog para desfogarse, pois era unha acosadora pasiva.
"Europa expres" narra a historia dun grupo de amigos que hai dez anos fixeron un interrail e quedaron un pouco "tocados" tras a morte dun dos rapaces.

As preguntas dos rapaces fixeron que se falara das dúas obras ao mesmo tempo. Houbo pasión tanto por parte da escritora coma por parte dos rapaces que gozaron enormemente destas lecturas.

Andrea Maceiras tamén falou de como partía a idea dun libro, de como o estruturaba e como lle daba forma aos personaxes. Da importancia das investigacións para non cometer erros e do imprescindible que é formarse e viaxar para aprender.
A sesión rematou coa firma de exemplares por parte da autora.
Grazas Andrea por vir ata aquí e esperámoste na túa próxima aventura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario