Nela tivemos a oportunidade de ver documentación orixinal, fotografías e
ilustracións antigas que nos trasladaron ao noso pasado. Na visita guiada
descubrimos a orixe da ponte de pedra e os arcos e cambios producidos ao longo
dos anos, o gran patrimonio dos Andrade e a tumba dun deles na igrexa de
Santiago, a creación do concello e as Revoltas Irmandiñas, a vida económica e
social dunha vila que apenas conserva restos da súa muralla e coa que se
cebaron varios incendios. Un deles dá orixe a unha das tradicións máis
importantes de Pontedeume: o reparto de boliños o día de San Nicolás.
Unha exposición que é necesaria e imprescindible para coñecer e valorar esa
historia que fala de cada un de nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario