Estamos no Tempo de Coresma e representados no "Peregrino" da carteleira do patio, alumnado e personal docente e non docente queremos percorrer esta etapa "DEIXANDO A NOSA PEGADA NO CAMIÑO".
Rematamos o 16 de febreiro o Tempo Ordinario traballando o valor da Gratitude e comezamos o Tempo de Coresma , que se prolongará todo o mes de marzo, partindo da Humildade como o primeiro paso de conversión. É por iso que o noso "Peregrino" leve no seu percorrido un globo vermello coa frase "Solo es grande en la vida quien sabe ser pequeño".
Isto é unha etapa mais do camiño que, neste Ano Santo, os nenos e nenas acompañados do resto da comunidade educativa dos colexios da Grande Obra de Atocha, realizaremos baixo o lema #sementavida e que se
prolongará ao longo de todo o curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario