Os cursos de 1º e 2º de Educación primaria realizaron este mes de outubro unha saída escolar pola marabillosa vila de Pontedeume.
Visitaron o edificio do Concello e coñeceron ao alcalde e a varios concelleiros e concelleiras. Tamén visitaron edificios municipais e emblemáticos como o Torreón, a praza da Alameda, a biblioteca ou o mercado municipal.
Remataron a xornada cunha merienda no parque e unha estupenda ruta de volta ao cole polo paseo marítimo.
Aquí vos deixamos unhas fotos da nosa excursión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario