viernes, 16 de marzo de 2012

CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES EN CICLO


Francisco José Barbeito García, esposo de Maite, actual alumna del ciclo formativo y padre de un antiguo alumno de nuestro colegio, ha sido en la mañana de hoy, dieciséis de marzo,  el protagonista, junto al alumnado, en el Aula de Gestión Administrativa donde ha impartido una charla sobre "evaluación de riesgos y planificación de la actividad preventiva en la empresa".
Introdujo el tema dando unas breves pinceladas a la ley de Prevención de Riesgos Laborales /95, al RD 39/97, al RD 171/04 , al modelo de gestión de calidad de Deming y a la norma de calidad OSHAS 18001 para, a continuación, exponer el modelo de gestión de la Armada partiendo de un caso práctico basado en una situación real.
La charla, además de amena, resultó de gran provecho facilitando al alumnado una mayor comprensión del bloque de contenidos relacionados con la prevención de riesgos laborales del módulo Formación y Orientación Laboral que se imparte en el ciclo de Gestión Administrativa.

lunes, 12 de marzo de 2012

VISITA A SOTAVENTO


O alumnado de 3º e 4º de primaria fomos visitar o Parque Eólico de Sotavento. Foi unha experiencia moi divertida onde ademais de aprender moito sobre as enerxías renovables e as formas de aforro enerxético, pasámolo moi ben xogando e facendo talleres de cometas.

lunes, 5 de marzo de 2012

OS DE 1º E 2º DA ESO CON GAYOSO NA TVG


Todos emocionados con Xosé R.Gayoso, presentador do Luar

E cumpriu a súa palabra… O venres pola noite a audiencia do Luar en Pontedeume subiu un chisco grazas ao saúdo que Gayoso, coñecido presentador da TVG, mandou ao colexio. Os de 1º e 2º da ESO, que visitaron a Galega a semana pasada gozaron da aparición estelar e ovacionada de Xosé Ramón Gayoso, un “gran atochano”, coma el se define. Non sabía que tiñamos a Grande Obra en común pero animouse en canto chegou a falarlles de Don Baltasar e “presumir” de coñecelo en vida e facelo rir coa súa receta de tortilla de pataca. Sacaron decenas de fotos con el e moitos alardearon de velo Luar na casa dos avós.
Coa emoción de ver alguén que sae pola tele, seguiron visitando as instalacións da autonómica percorrendo os platós dos telexornais, o de “A solaina” e vendo en vivo e en directo como se facía un programa diario “A revista” no control da realización coas explicacións da directora do programa e os técnicos.

Algúns rapaces quixeron ser presentadores por un día
Na Cidade da Cultura subiron todos ás cubertas




A visita a Santiago continuou pola tarde cun itinerario pola Cidade da Cultura, esa obra colosal feita polo arquitecto Peter Einseman. Demos unha volta pola bibilioteca, o arquivo, a sala de maquetas e as inmensas salas de exposición pero o que de verdade disfrutaron foi a subida por unha das rampas que forman as cubertas.

domingo, 4 de marzo de 2012

VISITA DEL PRIMER CICLO A LA DOMUS

El pasado día 28 los alumnos de 1º y 2º de EP salimos de excursión a la DOMUS donde disfrutamos con un montón de actividades que nos ayudaron a conocer como funciona nuestro cuerpo, desde el corazon hasta el cerebro.

Probando diferentes sabores
 A la llegada a la DOMUS
Pedaleando para ver el esqueleto en funcionamiento

Foto de grupo
Merienda a la salida
Después de disfrutar mucho con las diferentes actividades acudimos a ver un a pelicula en 3D "SOS PLANET" que nos dejó a todos impresionados.
Al finalizar tomamos una merienda antes de regresar al colegio.

jueves, 1 de marzo de 2012

Visita al gimnasio de los alumnos de 3º ESO


     Hoxe pola mañá, os alumnos/as de 3º ESO na clase de Educación Física fixemos unha interesante visita ó ximnasio da Piscina de Pontedeume: sala de spinning, sala de cardio e sala de musculación, onde nos explicaron o uso correcto e adecuado de cada aparato, e nos deixaron probar todas as máquinas que alí teñen.



Admisión de alumnos 2012 - 2013


Proceso de admisión de alumnos para as etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
 
O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o día 1 de marzo ata o día 10 de abril de 2012, ámbolos dous inclusive.

A solicitude terá que realizarse no modelo oficial. Para descargar, pinchar aquí

No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión e, se é o caso, a de cambio de centro educativo (por ser actos de exercizo extraordinario da patria potestade), terá que asinarse polos dous proxenitores, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo. 

Autobaremación

Na solicitude de admisión, na columna “Puntuación” (folla 2), os/as solicitantes deben cubrir os datos numéricos, realizando unha autobaremación.

1. Considerarase como domicilio familiar o habitual de residencia dos representantes legais do alumnado ou, se é o caso, o das alumnas e alumnos maiores de idade ou menores emancipados/as se viven en domicilios distintos daqueles.
O domicilio familiar acreditarase mediante “certificado de empadroamento municipal” no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

Naqueles centros en que haxa máis demanda que oferta de prazas, as direccións dos centros docentes públicos e as/os titulares dos centros privados concertados solicitarán á Xefatura Territorial correspondente que verifique que os datos de identificación fiscal emitidos pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, coinciden cos achegados polo certificado do padrón. 

Excepcionalmente, pode considerarse como domicilio familiar o daqueles familiares cos que o menor efectivamente conviva. Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida, para tal efecto, polo concello, a partires de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

2. Para a valoración da renda da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible, no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual. A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible do aforro) da/s correspondente/s declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano
2010. 

Para a aplicación da puntuación deste criterio utilizarase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao ano 2010, que está cifrado en 6.390,13 € anuais, con exclusión das pagas extraordinarias.

Publicación de listaxes: 
Unha vez que realice a baremación das solicitudes, e en todo caso antes do 30 de abril, o centro publicará no seu taboleiro de anuncios a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, mediante listaxes ordenadas por puntuación, que permanecerán no centro ata o día do inicio do novo curso.

A listaxe provisional poderá ser obxecto de reclamación, no prazo de 5 días hábiles, ante o consello escolar ou ante a titularidade do centro privado concertado, que resolverán no prazo dos cinco días hábiles seguintes, publicando a listaxe definitiva.

domingo, 19 de febrero de 2012

Carnaval 2012


Tribus urbanas. Ese ha sido el tema escogido este año para celebrar el carnaval. Punkis, góticos, hippies, rockers, floggers, hip hops, poligoneros y chonis, inundaron el escenario y le dieron vida con sus bailes, vestuario y canciones.

Aquí os queda una pequeña muestra.... Para ver más, ya sabéis, en la zona de descarga de fotos. ¡Ya están disponibles!