Todos emocionados con Xosé R.Gayoso, presentador do Luar |
E cumpriu a súa palabra… O venres pola noite a audiencia do Luar en Pontedeume subiu un chisco
grazas ao saúdo que Gayoso, coñecido presentador da TVG, mandou ao colexio. Os
de 1º e 2º da ESO, que visitaron a Galega a semana pasada gozaron da aparición
estelar e ovacionada de Xosé Ramón Gayoso, un “gran atochano”, coma el se define. Non
sabía que tiñamos a Grande Obra en común pero animouse en canto chegou a
falarlles de Don Baltasar e “presumir” de coñecelo en vida e facelo rir coa súa
receta de tortilla de pataca. Sacaron decenas de fotos con el e moitos
alardearon de velo Luar na casa dos avós.
Coa emoción de ver alguén que sae pola tele, seguiron visitando as
instalacións da autonómica percorrendo os platós dos telexornais, o de “A
solaina” e vendo en vivo e en directo como se facía un programa diario “A
revista” no control da realización coas explicacións da directora do programa e
os técnicos.
Algúns rapaces quixeron ser presentadores por un día |
Na Cidade da Cultura subiron todos ás cubertas |
A visita a Santiago continuou pola tarde cun itinerario pola Cidade da
Cultura, esa obra colosal feita polo arquitecto Peter Einseman. Demos
unha volta pola bibilioteca, o arquivo, a sala de maquetas e as inmensas salas
de exposición pero o que de verdade disfrutaron foi a subida por unha das
rampas que forman as cubertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario