O pasado 23 de marzo o alumnado do terceiro ciclo de EP realizamos uhna visita cultural á Coruña. En primeiro lugar fixemos un percorrido polas distintas salas do Museo de Belas Artes onde, uns guías achegáronons dun xeito moi divertido a distintos cadros.
Tivemos o privilexio de ser uns dos primeiros en ver algunhas pinturas recén chegados do Museo do Prado.
Ao final todos participamos nun taller onde creamos o noso propio museo. Ao despedirmos, o personal do Museo alabou o comportamento e interese amosado , cousa que nos fixo moita ilusión!
E COA ARTE METIDA NO CORPO...
partimos ao próximo destino: O Parque de Bombeiros.
Tomando un tentempé á nosa chegada.
Alí recibiunos Jose, un bombeiro moi simpático que nos contou un montón de cousas da súa profesión e lembrounos as normas que debemos poñer en práctica en caso de incendio.
Estivemos moi atentos á súa explicación!
Sabedes que un traxe de bombeiro pesa entre 40 e 50 kg?
Comprobando o peso da chaqueta. Que fortes estamos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario