martes, 27 de marzo de 2012

Exposición Día Internacional da Muller.

O pasado 8 de marzo celebramos no colexio o Día Internacional da muller. Con motivo desta data, os alumnos e alumnas da Primaria, realizamos un traballo colaborativo sobre Concepción Arenal, unha galega traballadora que noutra época abriu camiños á igualdade entre homes e mulleres.

O noso traballo formou parte da macro exposición "Pontedeume en feminino", organizada polo concello e na que participamos os distintos centros escolares da vila.


O venres día 10, o alumnado do terceiro ciclo visitamos á exposición e asistimos á conferencia impartida por Roxana Volio Monge,quen nos contou un montón de cousas interesantes sobre a labor das mulleres traballadas na exposición.



Ese día todos pensamos en feminino e démoslle un merecido recoñecemento a todas aquelas mulleres que, noutrora, deron grandes pasos no reto da igualdade... pasos que nos trouxeron onde hoxe estamos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario