miércoles, 9 de febrero de 2011

O HUMOR NA ÓPERA

Os rapaces de 3º ciclo de EP viaxaron, o luns día 7, á Coruña. Despois dun percorrido para coñecer a cidade vella e os seus recunchos, drixíronse ao teatro Colón co fin de asistir a unha representación artística. Tras escoitar tres fragmentos de ópera cómica: "Cossí fan tutte", "Il Barbiere di Siviglia" e "L´Elixir d´Amore", sorprendéronse ao decatarse de que a ópera tamén pode ser divertida. Ao remate participaron acompañando unha coñecida pasaxe da Traviata: "Libiamo".
Para moitos foi a primeira experiencia co marabilloso mundo da ópera.

[slideshow]

No hay comentarios:

Publicar un comentario