viernes, 4 de febrero de 2011

Cinensino

O día 3 de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP asistiu á proxección da película "Los niños de Timplebach". Esta película, dentro do programa de Prevención de Cinensino e xunto co caderno de traballo correspondente, puxeron a reflexionar aos rapaces sobre a sociedade e a necesidade de normas  que favorezan a convivencia harmoniosa e pacífica. Recoñecendo que todos temos dereitos pero tamén responsabilidades e recordándolles, que os nosos dereitos non son ilimitados senón que rematan alí onde comezan os dos demais.

Tanto os mestres asistentes coma o alumnado disfrutaron co visionado da citada película.

No hay comentarios:

Publicar un comentario