Hoxe
celebramos no noso centro o día da Paz.
Houbo un minuto de silencio para reflexionar sobre o que escoitamos e así tomar conciencia de que está a pasar ao noso arredor, e que podemos contribuír a vivir nun mundo mellor.
Despois
da lectura, un alumno de cada curso, leu unha mensaxe en representación da súa clase, escrito en pingas de auga, que se foron pegando nun mural compoñendo unha gran onda.
Para
rematar o acto todos cantamos a canción “Mensajes del agua”
de Macaco, na que alumnos e profesores participaron .
Este
ano non houbo solta de pombas debido ao mal tempo.