martes, 2 de abril de 2024

O CANCIONEIRO DO EUME


 

O noso obradoiro comezou paseando polo medievo desta vila ás beiras do Eume que vai camiño a 800 anos da historia. Nas rúas que percorreron os Andrade, nas historias segredas de namorados, nas ansias de poder duns e nos desexos de liberdade doutros, nas sombras vagando polos recunchos e nas súas pegadas inspirámonos para compoñer as nosas “Cantigas do Eume”.









Desa inspiración saíron fermosas “Cantigas de amigo”, todas elas construídas seguindo as pautas medievais de tópicos, métrica, leixaprén, paralelismo e refrán. Tamén foron decoradas con esmero como se fosen verdadeiros trobadores.









Chegado o terceiro día e antes de facer a exposición, os rapaces tamén puideron coñecer as características das “Cantigas de Escarnio”, facer unha comparativa coa música protesta de hoxe en día e animáronse a “rapear” contando e cantando os seus problemas ironicamente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario