lunes, 22 de noviembre de 2021

RECICLAXE DE PRODUTOS DE ESCRITURA

Este curso o colexio participará nun programa de reciclaxe de produtos de escritura coa empresa Terracycle. Esta empresa colabora con outras para poder reciclar estes produtos e así, contribuir ao medio ambiente reciclándoos e dándolles outro uso como bancos, cubiletes para lápices, etc.

Esta iniciativa é unha forma de concienciar ao noso alumnado da importancia de iniciar accións responsables a favor do medioambiente, sendo así activos en compromisos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible definidos por Nacións Unidas e para o seu cumplimento para o 2030.

Ademáis, por todos estes produtos recollidos iremos recaudando fondos para unha ONG, no noso caso Cruz Vermella Española.

Comentádeo na casa, cos amigos, veciños ....

Todos estades convidadados a participar

Cantos máis sexamos no proxecto, mellor.

ANIMÁDEVOS!!  

Os alumnos de 4º ESO encargánse de informar do proxecto. 
Para iso fornon por todos os cursos de EI, EP, ESO e Ciclo e deixaron unha caixa en cada aula onde deixarán todos estes os produtos









Grazas pola vosa colaboración!