jueves, 19 de noviembre de 2020

PONTEDEUME E OS SEUS 750 ANOS DE HISTORIA



Os alumnos da ESO vistamos este mes a exposición 750 anos construíndo a historia de Pontedeume, unha mostra que repasa os sete séculos e medio da nosa vila.

Nela tivemos a oportunidade de ver documentación orixinal, fotografías e ilustracións antigas que nos trasladaron ao noso pasado. Na visita guiada descubrimos a orixe da ponte de pedra e os arcos e cambios producidos ao longo dos anos, o gran patrimonio dos Andrade e a tumba dun deles na igrexa de Santiago, a creación do concello e as Revoltas Irmandiñas, a vida económica e social dunha vila que apenas conserva restos da súa muralla e coa que se cebaron varios incendios. Un deles dá orixe a unha das tradicións máis importantes de Pontedeume: o reparto de boliños o día de San Nicolás.

Unha exposición que é necesaria e imprescindible para coñecer e valorar esa historia que fala de cada un de nós.








martes, 3 de noviembre de 2020

#SementaVida - SonrisasSolidarias

Este ano, pola situación sanitaria que estamos a pasar, non puidemos celebrar a tradicional xornada do "Bocata Solidario" que tiña como obxectivo a recaudación de fondos destinados ás Misións Pontificias. Isto, sin embargo, NON FRENOU a xenerosidade dos nosos nenos e nenas nin das súas familias que, a través da campaña #SementaVida- SonrisasSolidarias colaboraron económicamente co DOMUD mercando paquetiños de galletas que merendamos todos xuntos no recreo deste luns.

Aquí tedes unha pequena reportaxe da xornada vivida no cole!!