martes, 4 de junio de 2024

Limpamos a praia

Hai uns días, os rapaces e rapazas de 5º e 6º EP fomos á praia de Perbes para limpala e, deste xeito, realizar un servizo á nosa comunidade, aportando o noso graíño de área. Foi unha actividade enmarcada dentro do programa Voz Natura. Estivemos alí toda unha mañá e enchemos varias bolsas de lixo. Ficamos abraiados e preocupados pola cantidade de residuos que van parar ás nosas praias...

Os nenos e nenas somos parte das novas xeracións que veñen dispostas a cambiar o futuro do planeta e a loitar contra as inxustizas. E que mellor forma de contribuír que facelo dende a nosa escola? Xuntos podemos! 🌍💚




No hay comentarios:

Publicar un comentario