Jorge repetía experiencia cunha charla destinada aos alumnos de 1º e 2º de ESO, onde repasou a historia da exploración espacial amosándolles como eran os satélites antigos e como a tecnoloxía transformou esas primeiras imaxes das sondas e robots que se enviaban ao espacio en fotografías máis precisas.
Os instrumentos da enxeñaría espacial abordan agora grandes distancias e conseguen datos que poden achegarnos máis a outros sistemas e á posible existencia de vida noutros planetas.
Jorge explicou aos nenos os temas nos que se centran os científicos segundo os parámetros que transmiten os satélites actuais: océanos, humidade, cambio climático, fenómenos meteorolóxicos, etc. Insistiu en que os obxectivos do estudo do espacio segue sendo chegar á orixe do Universo, investigar ese pasado para explicar o presente e predecir ou prever cambios nun futuro.
Dende aquí e unha vez máis, agradecemos a súa dispoñibilidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario