Os alumnos de 3º e 4º de ESO recibiron onte a visita de tres ex-deputados
do Parlamento de Galicia que achegaron a principal institución da autonomía
galega aos rapaces nunha charla-coloquio na que se debateu de política e
actualidade.
Beatriz Sestayo do PSdeG-PSOE; María
Dolores Faraldo do PPdeG e Fernando Branco, do BNG; amosaron que a pesares de
non compartir ideoloxía e pensar de forma diferente en moitos temas, sempre é
posible o diálogo baseado no respecto.
Ademais de falar do funcionamento do Parlamento e do seu poder de lexislar
e controlar ao goberno, das tarefas compartidas ou do seu día a día; abrimos
quenda de preguntas para Cataluña, a conciliación familiar e a política de
igualdade, as vocacións políticas ou a tauromaquia. Os tres parlamentarios coincidiron
na necesidade de ser responsable e honesto en política e quixeron dignificar a
imaxe que se da nos medios de discusións e trifulcas no Parlamento para poñer a
atención no traballo que hai detrás. Así mesmo, os representantes dos tres partidos
galegos animáronos a utilizar a política para mellorar a vida dos cidadáns e
loitar polos seus dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario