jueves, 30 de noviembre de 2017

SAÍDA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 3º E 4º ESO

Hoxe día 30, día de San Andrés,aínda que o tempo non nos acompañaba, os alumnos de 3º e 4º ESO viaxamos ata Betanzos para  a realización de dúas visitas totalmente distintas pero moi instructivas.
Fomos divididos en dous grupos e, mentras un facía a visita ao "Museo das Mariñas", o outro realizaba un taller no CIES (Centro Internacional da Estampa Contemporánea), e ás once e media cambiábamos de actividade; así os dous grupos tiñan a mañán repleta de actividade.

Visitamos o Museo das Mariñas,instalado no edificio do antigo convento de Santo Domingo, pero como nos explicou a guía ,Elena, foi un edificio que acolleu un montón de actividades: escola, cuartel da Garda Civil, convento e agora museo.
A visita comeza adentrándonos na sociedade medieval betanceira, onde puidemos ver sepulcros de personaxes adiñeirados da época, restos do mosteiro de San Francisco, e moitisimos recordos do pasado dos Andrade por esta vila.
Tamén visitamos o andar dedicado ao traxe tradicional que grazas ás explicacións aprendimos a diferenciar como se vestían as solteiras, as viuvas, as noivas....de hai dous séculos.
Tamén descubrimos todo o que fixeron pola vila de Betanzos e pola educación dos nenos os irmáns García co seu proxecto de "Antiguas Escuelas", estes betanceiros trouxeros das américas materiais para as escolas que aquí sería impensable posuílos na época: mapas en relieve, exemplos de especies exóticas, ......
Outra sala que nos chamou moitísimo a atención foi  a do apostolado da Escola de Rubens, con trece cadros e varios gravados procedentes de Amberes.
Para finalizar , Elena contounos a historia do globo de Betanzos e vimos fotografías de como se fixeron e fan desde hai tantísimo tempo, que só quedou sen botar en dúas ocasións: durante a Guerra Civil e un ano , na década dos 70, por falta de comisión de festas.


A outra parte da mañán dedicámola ao taller proporcionado na Fundación CIEC. Esta fundación ten o obxectivo de promocionar e difundir as artes plásticas e a arte gráfica en particular.
Nesta visita didáctica amosóusenos a forma de traballar e gravar diferentes materiais, a madeira, a tea, e o que utilizamos nós, que eran planchas metálicas. Despois dunha breve explicación xa nos puxemos mans á obra e, cada un de nós, elaborou coa axuda dun punzón , a estampa que tiñamos pensada.
Logo tivemos que impregnalas en tinta, e mentras, o papel a utilizar era mollado e secado a rodillo. Un pouco máis tarde o papel poñíase sobre a nosa prancha, pasamos un torno e xa estaba a nosa obra.



Foi una mañán na que aprendimos cousas do pasado e un traballo que para algún pode ser futuro.

1 comentario:

  1. Paréceme moi boa idea que os nosos rapaces e rapazas se acheguen á súa contorna ecoñezan as maravillas que temos tan preto. Nós tamén temos historia e pasado que debemos coñecer e degustar. Valoremos primeiro o noso porque temos moito e somos moito.

    ResponderEliminar