lunes, 29 de septiembre de 2008

Jorge Díaz del Río, antigo alumno que traballa na Axencia Espacial Europea, visitou o noso Colexio para falarnos do Universo

Autores: Alumn@s de 1º de ESO, coa colaboración de Loli (profesora de Ciencias)


Hoxe 29 de setembro, os alumnos de 1º e 2º de ESO, tivemos o privilexio de recibir a visita de Jorge Díaz del Río García, antigo alumno deste colexio, e que actualmente traballa na Axencia Espacial Europea (E.S.A.)



Durante a conferencia

Esta visita para nós chegou no momento oportuno, xa que estamos a estudiar o Universo. A súa conferencia, serviunos para aumentar e profundidar os novos coñecementos, respondendo a preguntas tales como:




  • O Universo ten fin?

  • Cal é a galaxia máis grande?

  • A Lúa pode ter satélites?

  • Como é que hai fotos da Vía Láctea se estamos dentro dela?

  • Hai algún astronauta agora mesmo no espazo?

  • Crés que hai vida noutras galaxias?

  • Que lle dirías a un neno que quere seguir os teus pasos?

  • Hai vida noutro planeta?

  • Cal é a misión mais importante no teu traballo?

  • Cal é o teu soño por cumplir?

  • En Marte, pódense plantar árbores?

  • .....


Entregámosllo o pin da Grande Obra como recordo
Entregámosllo o pin da Grande Obra como recordo


Queremos manifestarlle o noso agradecemento polo material que nos regalou e o tempo do seu ocio que nos adicou.


Jorge, desexámosche moita sorte no teu futuro, e contar mais veces coa túa colaboración.





2 comentarios:

  1. Moitas gracias. Foi unha experiencia moi agradable, e xa sabedes que cando queirades podemos organizar outra.

    ResponderEliminar
  2. Haberá mais antigos alumnos que poidan visitar o colexio para contar o que fan? O intentaredes?
    Bicos
    Meu

    ResponderEliminar