domingo, 23 de noviembre de 2008

Primeira saída do curso do 3º ciclo de Primaria

Molinos de A Capela


Autor: Juan Rodríguez Vilariño (titor de 6º de EP)


O pasado 21 de novembro os alumnos do 3º ciclo de EP (5º e 6º) visitaron o Museo Etnográfico de A Capela. Este museo está situado no lugar de Pazo e as súas instalacións ocupan a que era a Casa Reitoral.



A casa, de dúas plantas, está chea de obxetos e ferramentas antigas que os veciños recopilaron e doaron para crear dito museo. Dende candís ata apeiros de labranza, incluindo un telar ou un dormitorio completo con cuna e todo, numerosas pezas constitúen o grande compendio de obxetos que se poden ver neste museo.



Mentras 5º permanecía sentado nunha sala visualizando uns vídeos de como se realizaban diversas tarefas na antigüidade (facer zocas, carbón vexetal, …), 6º visitaba as distintas dependencias da casa mentras atendían as explicacións que María —a guía do museo— facía sobre tódolos obxetos que alí había.


100_5195Unha vez visitadas todas as estancias, 5º toma o relevo para recorrer cada recuncho da casa, mentras 6º toma asento para visionar os vídeos.



Unha vez rematada a visita e como aínda tiñamos tempo antes de regresar ao colexio, nos diriximos cara os muiños do río Sesín; dous pequenos muiños restaurados situados a ambos lados da estrada que leva á central hidroeléctrica do Eume, a 1 quilómetro escaso do museo.100_5294



Aínda que non puidemos entrar dentro dos muiños, si que gozamos do maravilloso entorno que proporcionan as Fragas do Eume sobre todo no outono e tivemos a oportunidade de contemplar cal é o mecanismo que, gracias á forza da auga, pon en funcionamento as moas do muiño.

1 comentario:

  1. pues la clase de ingles fue muy especial y ami y a mis compañeros ,a casi todos nos gustaria repetirlo.
    Una experiencia inolvidable,el poder hablar con alguien y escuchar que te habla a ti en inglés un idioma que estudias en el colegio pero que no estás habituad@ a escuchar día a día.

    ResponderEliminar