sábado, 19 de diciembre de 2009

INTENSO DÍA PARA OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

O venres día 18 pola mañá fomos visitar aos anciáns da residencia Nuestra Señora de Las Virtudes acompañados do voluntariado social da fundación EINSA de Pontedeume e das nosas profesoras Manolita, Chata, Carmelina e Cristina. Visitamos todas as salas cantando panxoliñas e levámoslles un regaliño, para que coloreen con Laura( a súa profe) , pois descubrimos que aos maiores tamén lles gusta colorear como a nos.Despois as rapazas da fundación EINSA  dironnos un batido e unha madalena, para repoñer forzas, porque estabamos moiiiiiiii cansadiños.

Pola tarde algúns dos nosos compañeiros fixeron unha representación de Nadal cos maiores da residencia. ¡ Todo un éxito! As señoritas din que o ano que vén temos que repetilo pois nos agorentou moito,tanto aos maiores coma aos nenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario