O pasado venres 7 de maio, o alumnado de 1º EP, fixo unha visita á biblioteca do concello. Explicáronlles como estaban organizados os libros, como tiñan que facer para levalos para casa e cal era o horario. Finalmente, visualizaron un conto dun dromedario que tivo moita aceptación.
No recorrido aproveitouse para repasar os sinais de tráfico e algunhas normas viarias, os edificios que forman parte dunha vila e os negocios que se poden atopar nestes lugares.
Áo chegar ao colexio, visitaron a biblioteca do centro e fixeron varias actividades: coloquio sobre o que máis lles gustou da visita, un debuxo alusivo ao mesmo e lectura libre.
Recordamos en cada momento, que "Os libros son os seus mellores amigos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario